Castellano · English


A nosa situación permítelle disfrutar dun lugar de ensono onde se pode disfrutar da natureza e das costumes das xentes da Costa da Morte.

BAIO, ' PORTA GRANDE DA COSTA DA MORTE '.

A casa está situada a menos de unha hora en coche de Coruña e Santiago de Compostela, e a pouco máis de media hora da mítica Fisterra.

Será un punto céntrico e de referencia, onde se sentirá como na súa propia casa.

A mellor praia: Laxe a 5 minutos en coche.

ALUGASE ENTEIRA

Casa do ano 1980,
totalmente reformada no ano 2003

 


Muiños de Mosquetín

A menos de 4 kilómetros, vostede poderá atopar o Dolmen de Dombate ou o Castro de A Cidade de Borneiro, paisaxes como A Carballeira ou Pedra Vixía e importantes monumentos arquitectónicos como as Torres do Allo, a igrexa de O Allo, o Cruceiro de Pazos ou o conxunto etnográfico dos muiños e os batáns de Mosquetín.

Torres do Allo


Seis habitacións dobres con 3 baños estano a esperar, unha delas mesmo conta cunha cama individual polo que se podería utilizar como triple. Contamos con camas supletorias e cunas.

A distribución da casa permítenos independizar tres habitacións e un baño, ideal para grupos ou familias de 13 a 16 personas..

No exterior contamos cun porche, unha barbacoa, garaxe e 2500 m2 de xardín, dous futbolíns, mesa de pin-pon, columpios, e tres bicicletas.
Xa no interior, a casa conta cun salón con Tv, un comedor con Tv e chimenea ademais dunha sala de lectura. Disfrutará de CALEFACCIÓN e unha cociña ao seu servicio, con lavadora, microondas, etc.


Iindicarémolles como visitar os incríbles paraxes e os monumentos que non debe de perderse ao seu paso pola Costa da Morte; así como a nosa boa gastronomía.

FAGA A SÚA RESERVA

Baio Pequeno - Baio
15150 Zas - A Coruña (Spain)

Teléfono: +34 981 718 254


Portal Virtual da Costa da Morte